Manual técnico de selvicultura del
EUCALIPTO

ÍNDICE

 

PRÓLOGO


Durante séculos o home dispuxo dos recursos naturaís en función das súas necesidades. A madeira e outros productos forestais foron de importancia crucial no desenvolvemento das civilizacións, dende o seu uso enerxético ata a obtención dos transformados actuais. 0 home atopou no bosque unha fonte das súas principais materias primas, e que a diferencia doutras, é reciciable.

Para satisface-lo compromiso de preserva-los recursos naturais o á súa vez satisface-las necesidades do ser humano, contamos cunha ferramenta, situada a medio camiño entre o concepto de bosque natural e o de cultivo agrícola, que son os cultivos agroforestais. A agroforestación permite optimiza-los recursos naturais que demanda a sociedade e preserva-lo bosque natural para outras finalidades.

Hoxe en dia a investigación aplicada permite ó propietario, ou agrosilvicultor obte-los máximos rendementos empregando a superficie mínima necesaria. Isto ten unha especial relevancia no Galicia e o norte de España debido ó carácter minifundista da propiedade. Esta investigación agroforestal aplicada, que antano era algo inexistente ou quedaba gardada nas andeis de centros de traballo, non cumpre a súa misión se non chega ás mans dos agrosilvicultores o propietarios forestais, verdadeiros actores do sector.

Así xurde a necesidade de elaborar un manual silvícola eminentemente práctico e dirixido a aqueles que coa súa inquietude xerou esta demanda. O presente manual trata de resumi-lo resultados oblidos tras oito anos de experiencias intensas e ínvestígacións dun equipo cualificado. Desta maneira a transferencia de tecnoloxía convírtese en realidade pretendendo proporcionar ó agrosilvicultor as recomendacións que lle permitan acomete-lo seu cultivo de eucalipto coas maiores garantías posibles.

Este manual de Silvicultura aparece cento corenta anos despois de que as primeiras sementes de eucalipto xerminaran na nosa terra. Asi a todo aínda queda moito por facer. A nosa vocación forestal vai encamiñada cara á mellora continua. Por iso confiamos en que tódalas aportacións que os lectores e usuarios do mesmo nos fagan chegar de agora en adiante poidan transferirse a vindeiras edicións. A súa publicación pretende dar servicio ó sector forestal e ó medio rural en xeral aportando o dinamismo do día a dia, xunto ós resultados dunha investigación rígorosa.

A formación de verdadeiros profesionais é a mellor garantía de éxito para o desenvolvemento forestal do Galicia. O obxectivo deste manual é contribuir a esta tarefa mediante a divulgación dos coñecementos máis relevantes e actualizados sobre o eucalipto.

anterior siguiente