Calidade do leite
Caderno de divulgacion num. 3
Índice
Cadernos
Portada caderno 3 Indice de contidos


ANO 1998 - ANO DA CALIDADE DO LEITE

A partir do 1 de xaneiro de 1998 entra en vigor o RD. 1679/1994, que establece as esicencias sanitarias de obrigado cumprimento, son as normas que deberán respectarse no momento da recollida na explotación de producción:

Poboación microbiana a 30ºC < 100.000 xermes/ml CALIDADE BACTERIOLÓXICA
Células somáticas < 400.000 cél./ml RECONTO DE CÉLULAS SOMÁTICAS
Sen substancias estrañas: Antibióticos AUSENCIA DE RESIDUOS DE PRODUCTOS VETERINARIOS

A vaca moderna depende do home por completo, quen é á súa vez o compoñente máis importante do seu manexo. Como a vaca non pode comunicarse directamente con nós no que se refire ó manexo, ó medioambiente e á súa hixene, non existe substituto para o debido chequeo por parte dos donos e os encargados do rabaño, para mentelo no nivel máis alto.

¿QUÉ É O LEITE?

  • Compoñentes:
    • Auga
    • Graxa
    • Sólidos non graxos: Proteína, lactosa, minerais e cinzas.
  • Dous factores principais teñen influencia sobre os compoñentes do leite:
    • Ambientais
    • Xenéticos.
    Moitos estudios de investigación chegaron á conclusión de que ata un 60% da variación na composición do leite é hereditario e así mesmo as pocentaxes de varios compoñentes nutricionais están xenéticamente vinculados así, animais que dan leite cun alto contido en graxa tamén o terán en proteína.
  • O gandeiro pode controla-los compoñentes do leite
    • Selección xenética.
    • Ración correcta e balanceada.
    • Previr enfermidades e infeccións.

 

¿QUÉ É A CALIDADE BACTERIOLÓXICA?


Está relacionada directamente coa hixene da explotación, consiste no mantemento, dentro duns límites, da poboaci´n de xermes, tanto en número coma na natureza das especies.

Fontes de contaminación do leite:

  1. Microorganismos patóxenos a través do leite procedente de vacas enfermas.
  2. Contaminación externa: ubres sucias debido a camas e aloxamentos en condicións medioambientais inaxeitadas.
  3. Malas prácticas da muxidura: mal feito, falta de limpeza e instalacións deficientes de refrixeración, capacidade, limpeza, etc.
  4. Mal mantemento das instalacións e do equipo de muxidura e do tanque de frío.

As campañas obrigatorias de saneamento manteñen a cabaña libre de Tuberculose, Brucelose e Leucose, o leite das vacas con enfermidades clínicas non se mete no tanque e o establecemento de sistemas de control e prevención de mamite axuda a que a achega de leite procedente de vacas enfermas sexa mínima e non represente risco para a saúde.

Unha explotación con boa calidade bacteriolóxica indica que:

  • Ten animais sans.
  • A rutina de traballo é correcta.
  • As instalacións están ben deseñadas con mantemento, control e limpeza axeitados.

A mala calidade bacteriolóxica produce unha depreciación no valor do leite xa que conduce á penalización no prezo, e se persiste a mala calidade bacteriolóxica ou presencia de inhibidores prohibirase temporalmente a súa entrega á industria ata que consigan os límites establecidos.

Clasificación da calidade bacteriolóxica do leite.

CLASE A

<100.000 Xermes/ml

CLASE B

100.000-400.000 Xermes/ml

CLASE C

>400.000 Xermes/ml


¿QUE É O RECONTO CELULAR?

Expresa o contido de células somáticas, que son células que proveñen do propio animal, son células productoras de leite mortas ou células que defenden as ubres das infeccións de mamite.

A causa máis importante do aumento de reconto de células somáticas son as mamites, sobre todo as subclínicas.

O RECONTO DE CÉLULAS SOMÁTICAS É UN REFLEXO DA SAÚDE DA UBRE.

Factores dos que depende:

  1. Nº de partos: Os recontos serán máis baixos nos animais con menos partos. Non é posible ter obxectivos en Recontos Celulares moi ambiciosos se non se ten unha taxa de reposición adecuada.
  2. Días de lactación: Lactacións excesivamente longas, cando a fertilidade é inadecuada, tamén aumentará o reconto celular no tanque.
  3. Mamite: É a maior responsable dos recontos celulares altos. "Tanto as mamites clínicas coma as subclínicas".

VACA

ELIMINACIÓN DE CÉLULAS SOMÁTICAS

Infectada con enterobacterias en fase aguda

14.000 céls/ml

Con mamite subclínica

2 a 4.000.000 céls/ml

 

O GANDEIRO PODE CONTROLA-LOS RECONTOS DE CÉLULAS SOMÁTICAS DO LEITE

  1. A hixiene na muxidura. Obxectivo: mamilas limpas e secas.
  2. Uso de sistemas de muxidura adecuados. Que cumpran as normas de funcionamento.
  3. Selado de mamilas despois da muxidura. Para destruí-los microorganismos que quedan nas mamilas.
  4. Tratamento de secado a tódolos cuartos das vacas. Farase na última muxidura.
  5. Tratamento rápido e eficaz nas mamites clínicas. Consulta-lo tratamento a un veterinario para determinar cál é máis eficaz.
  6. Eliminación das vacas con infección crónica. A súa presencia no rabaño pode infecta-la outras vacas.

 

INHIBIDORES NO LEITE

Son substancias que aparecen no leite e matan ou inhiben o crecemento da flora microbiana e proceden de:

  1. Residuos de productos de limpeza e desinfección, debido a unhas malas rutinas nos procesos de lavado das instalacións de muxidura, tanque de frío, etc.
  2. Residuos de productos veterinarios consecuencia dos tratamentos sanitarios do gando.

A presencia destes productos no leite pode ocasiona-los seguintes problemas:

  1. Para a saúde pública: Poden desencadear reaccións alérxicas ou provocar alteracións na flora miocrobiana intestinal do consumidor, e mesmo se-la causa das resistencias ós antibióticos.
  2. Para industria agroalimentaria: Orixina grandes perdas económicas na industria láctea xa que interfiren nos procesos de fermentación de moitos productos lácteos, por exemplo o iogurt, tamén provoca texturas, olores e sabores anormais nos queixos.
  3. Para o gandeiro: Consecuencias, penalizacións pola industria e prohibición por parte das autoridades sanitarias da entrega do leite á industria.

O RD 1697/94 establece que o leite cru procederá de vacas "que non foran tratadas con substancias que poidan transmitirse ó leite, que sexan perigosas ou poidan chegar a selo, para a saúde humana a menos que estivera suxeita ó prazo de espera oficial establecido nas disposicións vixentes".

O gandeiro pode controla-los inhibidores do leite mediante:

  • Uso de medicamentos comerciais recoñecidos.
  • Segui-las instruccións do veterinario e da etiqueta.
  • Administra-los tratamentos completos.
  • Observa-lo tempo de supresión do medicamento.
  • Marcar e identifica-las vacas tratadas.
  • Elimina-lo leite de tódolos cuartos da vaca tratada.
  • O antibiótico chega a todos polo sangue.

 

¿QUE TEÑEN QUE FACE-LAS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS DE LEITE PARA CUMPRIR COA NORMATIVA A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1998?

  1. Ter cuberto, ó día, o libro da explotación onde se recolle a CUALIFICACIÓN SANITARIA DO GANDO. Este libro téñeno tódalas explotacións que realizan o saneamento gandeiro, e o titular da explotación ten a obriga, de rexistra-las altas e baixas dos animais.
  2. Na explotación ten que haber AUGA POTABLE.
  3. As cortes deben permiti-la lipieza dos xurros e bostas, para que os animais estean aloxados nun ambiente saudable.
  4. As explotacións deberán dispor dun local onde se atopa instalado o equipo refrixerador do leite, que garanta chegar a <4ºC en menos de 3 horas.

 

CONDICIÓN DO LOCAL DA LEITERÍA

  1. Superficie 4 veces superior á ocupada polo tanque.
  2. Paredes e solo fáciles de limpar.
  3. Sumidoiro baixo a billa de baleirado.
  4. Ventilador con entrada cara ó condensador e saída pola parte oposta a este. A superficie de entrada de ventilación debe chegar ó 5% da do condensador, como mínimo.
  5. Nivelación.
  6. Instalación eléctrica antihumidade.
  7. Toma de auga a presión.
  8. Porta suficientemente ancha.
  9. Non construída sobre a fosa do xurro.
Esquema da leitería