Calidade do leite
Caderno de divulgacion num. 4
Índice
Cadernos
POrtada caderno nº 4 Indice de contidos

 

MANEXO DA REPRODUCCIÓN

As vacas leiteiras deben parir regularmente para acadar:

  • A maior producción de leite.
  • Máximo número posible de recría.
e por tanto o máximo beneficio do gandeiro.

Con problemas de fertilidade, é imposible conquerir o obxetivo óptimo de que cada vaca teña un becerro ó ano.

Os maiores beneficios da eficiencia reproductiva dun reblaño veñen das medidas preventivas co apoio do veterinario e unha boa observación dos sucesos reproductivos.

OBXECTIVOS REPRODUCTIVOS DUNHA EXPLOTACIÓN

Nº DE I.A. POR VACA PREÑADA <1,6
% FECUNDIDADE Á I.A. +60%
% FECUNDIDADE Á 2º I.A. 25%
% FECUNDIDADE ÁS 3º OU MÁIS I.A. < 15%
INTERVALO PARTO - 1º I.A. 45-70 DÍAS
INTERVALO PARTO - I.A. FECUNDANTE 45 - 110 DÍAS (85)
INTERVALO ENTRE PARTOS 325 - 390 DÍAS (365)
% ELIMINACIÓN POR ESTERILIDADE <6%
% ABORTOS <5%
RETENCIÓN DE PLACENTA <5%
IDADE Ó PRIMEIRO PARTO 23-25 MESES
% REPOSICIÓN 15-20%

¿Que precisamos para saber se o facemos ben?

Imprescindible o control individual de cada animal:
  • Historial (data de nacemento, lactacións, patoloxía, etc.)
  • Data de parto.
  • Celos.
  • Inseminacións.

¿Para que valora-la eficacia reproductiva?

  • Para apreciar se cumprimos os obxetivos.
  • Para facilitar o manexo do rebaño ó gandeiro.

Sinais que nos descubren problemas que demandan atención:

  • Non eliminación de placenta ("parias") nas 12 horas seguintes ó parto.
  • Evacuación de líquidos mal olientes a partir de los 5 ó 6 días que siguen ó parto.
  • Ausencia de celos ou "calores" nos 45 días posteriores ó parto.
  • Periodo entre dous celos diferente ó normal, de 18 a 23 días.
  • Necesidade de inseminar 3 veces unha misma vaca.
  • Fertilidade inferior ó 55% na 1ª inseminación ou monta.
  • Intervalos entre partos superiores ós 12-13 meses.
  • Abortos.

Aspectos a ter en conta para acadar uns bos índices reproductivos:

  1. Nutrición.
  2. Hixene no parto e no post-parto.
  3. Control reproductivo.
  4. Detección de celos.

1 - NUTRICIÓN

Ten moita importancia tanto dende o punto de vista cualitativo coma cuantitativo.

DEBEMOS subministrar uns alimentos de boa calidade despois do parto e que a vaca chegue a este en bo estado de carnes.

Despois do parto, a vaca experimenta unha perda de peso debido á elevación das súas necesidades alimentarias, que superan a súa capacidade de inxestión. Interesa que esta perda de peso sexa mínima, para poder inseminar canto máis axiña coa máxima garantía de éxito; para iso ademais de subministrar uns alimentos de boa calidade despois do parto, é necesario que a vaca chegue a este en bo estado de carnes.

¿Que nos pode dar problemas?

Desequilibrios da ración:
  • EN ENERXÍA E PROTEÍNA.
  • APORTES DE VITAMINAS: Vitamina A
  • APORTES DE MINERAIS: Calcio e o Fósforo, Mn, Cu y Co.

2 - HIXENE DO PARTO E POST-PARTO

MEDIDAS HIXÉNICAS
  • Parto en sala especial, lipa e desinfectada.
  • Desinfección e limpeza antes e despois do parto do rabo, vulva e ano.
  • Asistencia eventual ó parto con guantes e elementos axeitados e limpos.
  • Ademáis destas medidas hixénicas elementais, convén evitar "explotacións rectais intempestivas" que poden feri-la fráxil parede uterina, abrindo verdadeiras "portas de entrada" para a infección.

3 - CONTROL REPRODUCTIVO

Para evitar e solucionar tódolos problemas que se presentan no post-parto, é imprescindible levar un control da reproducción polo veterinario. Para acada-los obxetivos é imprescindible a visita do veterinario ás explotacións dun modo regular que levara a cabo:
  1. Revisión ós 30 días do parto para apreciar involución uterina, presencia de metritis ou outras patoloxías.
  2. Revisión das vacas que ós 45 días post-parto non teñan presentado celo.
  3. Diagnóstico de xestación a partir dos 45 días da I.A.
  4. Tratamento das patoloxías.
Para desenvolver un bo programa de control reproductivo é imprescindible a colaboración activa entre o gandeiro e o veterinario.

ESTAS TÉCNICAS REPRODUCTIVAS PODEN APORTAR GRANDES VENTAXAS, SÓ NAQUELES REBAÑOS CON BO MANEXO, NUTRICIÓN E HIXENE.

4 - DETECCIÓN DO CELO

O celo é un curto periodo de tempo no que a vaca consentirá ser montada polo touro ou por outra vaca.
  • É o factor máis importante na Inseminación Artificial.
  • É o momento axeitado para realiza-la inseminación artificial.

 

SINAIS DE CELO

A detección de celos é o problema número un nun bo programa de control de reproducción. Isto fai imprescindible o saber como e cando recoñece-los cambios que sufre o animal neste periodo.

  • Montan a otras vacas.
  • Base do rabo raspado.
  • Amistosas.
  • Nerviosas e inquietas.
  • Moco claro na vaxina.
  • Vulva hinchada.
  • Permanecen quedas mentres otras as montan.
Tódolos cambios de comportamento serán causados por uns cambios fisiolóxicos dentro do animal, dos que o fin é provoca-la ovulación, e se se realiza unha monta natural ou inseminación artificial, acadarase unha xestación.

CICLO ESTRAL

É o tempo transcurrido entre dous celos ou estros, oscila entre os 18 e 24 días, considerándose como duración media 21 días.
PROESTRO ESTRO O CELO METAESTRO DIESTRO
2-3 días 18 horas (10-24 horas) 2-3 días 15 días
Comenzo da excitación do animal Receptividade sexual Fase pot-ovulatoria. Secreción de progesterona Descanso sexual

CICLOS ANORMAIS

No caso de atoparse con ciclos que se alonxen por exceso ou defecto poderemos consideralos como anormales, así por exemplo:
  1. Ciclos de 30 a 35 días poden ser causados por un problema de morte embrionaria precoz ou "celos falsos" que se producen ás veces tra-la inseminación.
  2. Ciclos menores de 21 días poden ser orixinados por transtornos ováricos (quistes).
  3. Ciclos cunha duración de múltiplos de 18-24 días que nos faría pensar que a orixe está nun fallo na detección de celos por parte do gandeiro.
Cando nunha explotación leiteira buscamos o máximo rendemento, o noso obxectivo será conseguir un parto ó ano e lactación; para iso a nova vaca leiteira debe de quedar xestante antes dos 90 días post-parto, se este espacio de días se amplia vamos ir prdendo unha media de 300 pts./día e vaca; posto que este será o custo estimado de alimentación e manexo respecto á progresiva perda de producción láctea do animal (días abertos).

 

DURACIÓN DO CELO

O tempo que dura o celo é máis ben curto, oscilando entre as 6 e 30 horas durante o cal a femia pasará por varias etapas consecutivas:

1.- Etapa preparatoria á verdadeira calor.

Nos ovarios os folículos que están en crecemento porducen unhas pequenas cantidades dunha hormona sexual masculina (testosterona) que fai que a vaca ou novela adopte un comportamento sexual parecido ó dun macho:
  1. Vaca intentará montar ás súas conxéneres pero non aceptará que outra a monte.
  2. Atópase nerviosa e agresiva.
  3. Muxirá máis frecuentemente e pode golpear coa cabeza.
  4. Ulirá ás demais vacas e seguiráas.
  5. Pode asomar un mucus transparente pola vulva.

2.- Etapa de receptividade sexual.

De entre os folículos ováricos que comezaban a desenvolverse polo menos un aumentará de tamaño, madurando. As células que o delimitan producirán hormonas (os estróxenos) que tamén afectarán ó comportamento do animal:
  1. Seguirá nerviosa, intentará montar ás outras.
  2. Aceptará ser montada. Este signo é o cambio de comportamento que se utiliza como indicador de celo.
  3. A vulva estará conxestionada, de color rosado, edematosa e de suave textura.
  4. Podemos observar que o mucus transparente e brilante é máis abundante e ó ser expulsado ó exterior formará cordóns ou filamentos.

3.- Etapa de ovulación ou liberación do ovocito.

O ovocito é liberado do folículo maduro aproximadamente de 24 a 36 horas despois do inicio do periodo de recptividade. Co cal o animal deberá de ser inseminado entre as 12 e 24 horas despois do inicio do celo.

4.- Etapa de hemorraxia post-estral

O 85% dos celos no caso das novelas e o 50% en vacas acaban cuns sinais sanguiñolentos na vulva. Esta pequena hemorraxia non significa necesariamente que a vaca, se foi inseminada non conseguirá xestar, senón que o animal deu por finalizado o seu ciclo estral. Tamén hai que lembrar que non tódolos celos acaban en hemorraxia.

PRECELO
6-10 horas
CELO
18 horas
LIBERACIÓN ÓVULO
10-14 horas
VIDA DO ÓVULO
6-10 horas
  • Actividade crecente.
  • Intenta montar outras vacas.
  • Aparece algún limo.
  • Base do rabo raspado.
  • Amigables.
  • Déixase montar por outras vacas.
  • Nerviosas e inquietas.
  • Moco claro na vaxina.
  • Vulva inchada.
  • Permanecen quedas mentres outras as montan
  • Non se deixa montar.
  • Nerviosa.
 

 

DETECCIÓN DO CELO

A mala ou ineficaz detección adopta diversas formas:

  1. Celos ou "calores" non descubertos.
    Normalmente o gandeiro só descubre 1 de cada 2 celos producidos no seu rebaño; hai que ter en conta:
    • Unha porcentaxe das vacas teñen "calores" de duración inferior a 6 horas en vez das 18 normales.
    • A maioría dos celos teñen lugar pola maña cedo e á tardiña.
  2. Inseminación de vacas que non están en celo.
    • Coñocemento deficiente das manifestacións externas de celo
    • Mal sistema de identificación dos animais.
  3. Inseminación a "destempo".
    A inseminación realízase moi axiña ou moitas horas despois do inicio do celo.
    A inseminación realizada entre a mitade e a fin das "calores" é a que ten máis fertilidade (82,5%). Pero para saber se é a mitade ou fin do celo é preciso descubrir cando comezan as manifestacións, o que implica unha maior frecuencia de visitas á estabulación.

¿CANDO SE DEBEN FACE-LAS OBSERVACIÓNS?

Este factor é primordial na obtención dunha boa eficiencia reproductora. Moitos dos problemas de fertilidade dun rebaño son debidos simplemente a unha errónea ou ineficaz detección das vacas en celo. Achácase a este factor un 50% de responsabilidade no alargamento do intervalo entre partos.

A mellora deste elemento de manexo do rebaño depende única y exclusivamente do ganadeiro, que debe consideralo coma unha labor rutinaria, similar á de muxir ou reparti-lo penso, coa garantía de que canto máis tempo se gaste nela, maiores niveles de fertilidade obterá.

Cando as vacas están tranquilas non cando están ocupadas no muxido ou comendo o penso.

Cun réxime de visitas ó rebaño, pola mañá antes do muxido, ó mediodía e á noitiña, pódese conquerir detectar el 91% dos celos.

 

CONSECUENCIAS DUNHA MALA DETECCIÓN



PERDA DE CELO
PERDA DE I.A. EN 60-70 DÍAS
INTERVALO ENTRE PARTOS MAIOR A 365 DÍAS
POR CADA DÍA POR ENCIMA DE TAL INTERVALO, PRODÚCESE UNHA PERDA DE VALOR CORRESPONDENTE A 12,5 LITROS DE LEITE

 

RECOMENDACIÓNS PARA OBSERVAR MELLOR OS CELOS

O tempo que o gandeiro empregue en observa-las súas vacas para saber se algunha está en celo é un tempo moi ben empregado.

Recomendacións:
  1. Identificación do animal, de tal maneira que poida ser recoñecida rapidamente e sin erro, poden usarse crotais na orella ou colares con números grandes que sexan apreciables a unha certa distancia.
  2. Levar un rexistro de tódolos celos dentro dun calendario para verificar cotidianamente cales son os animais que poden ser activos no día, calculando que as vacas que foron inseminadas deben ser observadas entre a 3ª e 6ª semana despois da inseminación, así como todas aquelas que pariron recentemente, xa que se di que o 90% das vacas sás teñen polo menos dous celos nos 50 días que seguen ó parto.
  3. Observa-los signos dunha maneira regular dous ou tres veces por día; recoméndase un total de 25 minutos adicados a esta tarefa, particularmente durante os momentos nos que as vacas no están distraídas por outras actividades como poden se-lo muxido, o reparto de comida, a proximidade á saída do prado, etc.
    Outro factor a ter en conta é que o 70% dos celos va ser evidentes entre as 8 horas da tarde e as 8 horas da mañá, é decir que terán maior actividade durante a noite.
  4. As vacas deben atoparse nun terreo axeitado para declara-la súa actividade sexual, se os solos son esbaradizos o animal temerá montar. Tampouco hai que esquecer que as femias con problemas locomotores serán máis reacias a expresarse.
  5. Hay que prestar moita atención ós signos secundarios como a axitación, os muxidos, a actitude máis amigable cara o cuidador, a retención de leite no muxido, secreccións na vulva,... todo iso nos fará presupoñer que debemos prestar máis atención a esse individuo ata que ela mostre o auténtico signo: aceptar ser montada por outra.
  6. Utiliza-los consellos que o veterinario aplicará en situacións particulares.

AXUDAS NA DETECCIÓN DO CELO

Coma a maioría das femias bovinas mostran os signos de celo durante a noite, ademais de observar signos externos tales coma rozaduras daa zona da grupa e erizamento do pelo na rexión superior do rabo debido á fricción das outras vacas cando a montan, existen aparellos para a detección do celo.

Detector Kamar:

É un aparello sensible á presión e que se pega na grupa das femias bovinas susceptibles de saír en celo. Cando a femia é montada por outra a presión provocará un cambio de color dentro da cápsula do detector. Este instrumento require unha certa técnica para a súa utilización: colocación axeitada para evitar falsos positivos, elección de vacas baixo sospeita de celo, facer un seguimento diario da color.

Rotuladores marcadores no rabo:

este método é unha alternativa ó anterior, se o detector é activado pero a marca do rotulador está intacta pódese sospeitar dun falso positivo.

Podómetro:

É un aparello que colocado nunha extremidade da vaca nos rexistrará os movimentos. Como durante o celo hai un aumento destes, poderemos sospeitar de aquela que recorra máis espacio.

Análise do nivel de proxesterona en leite:

Baséase no feito que en medio do ciclo estral e durante a xestación a taxa de proxesterona en leite é elevada, pero entre as 48 horas anteriores e posteriores ó celo a súa concentración disminue. Esta proba é particularmente útil no día 21 seguinte á inseminación dun animal, se a concentración de proxesterona en leite neste momento é baixa, a vaca estará moi próxima a manifesta-lo seu celo. Este método é preciso para a determinación do celo, pero non para o diagnóstico de xestación.