A munxidura
Caderno de divulgacion num. 1
Índice
Cadernos
portada cuaderno 1 Indice de contidos

 

O MUNXIDOR


 

O traballo sobre un ser vivo esixe ó munxidor coñece-las características de cada unha das vacas a munxir, as súas necesidades, as súas produccións e as súas reaccións.

Coñecemento teórico e práctco da anatomía e fisioloxía da munxidura.

Coñecemento da munxidoira. O seu funcionamento e manexo correcto, para que a súa utilización non se convirta en axente agresor. 

¡ A hixiene do munxidor é IMPORTANTE !

Un munxidor con deficiente hixiene persoal moi difícilmente poderá entregar leite de calidade e mante-lo equipo en condicións adecuadas.

munxidor
  • Limpeza de:
    • mans e uñas.
    • roupas de traballo
  • É aconsellable:
    • uso de guantes.
    • sempre que sospeite que tocou unha vaca con mamite debe proceder ó seu lavado e desinfección antes de toca-la seguinte.

 

IMPORTANCIA DO MUNXIDO.


O tempo dedicado ó munxido é unha parte cativa dentro do empregado noutros traballos da explotación gandeira. Nembargantes os esforzos realizados en todo o proceso de producción de leite poden verse minguados, se a derradeira fase, na que se extrae o leite da ubre, se non se fai dun xeito máis adecuado. 

Unha munxidura correcta implica facer certas manipulacións que faciliten a conservación das características propias dun leite hixiénico e de calidade física correcta.

Establecer unha boa rutina de munxidura permite, nalgúns casos ata un 5% máis de leite e incide positivamente nun programa de control da mamite.

  • A vaca é un animal de costumes: siga sempre as mesmas pautas de manexo.
  • Respecte o horario de munxidura: favorece a estimulación.
  • Evite poñer nervioso ó animal: empeora a baixada do leite.
  • Evite ruxidos ó redor
  • O traslado debe facerse sen forza-lo animal.

 

PRIMEIRO MUNXIDO


A primeira munxidura debe facerse nas catro horas seguintes ó parto, este producto obtido será o costro. Subminístrase este alimento inmediatamente á cría acabada de nacer.

A primeira munxidura de carácter comercial obtense pasados dous días desde o parto, cando a vaca deixa de producir costro e empeza a producción de leite apto para o consumo e transformación industrial.

 

FRECUENCIA


En condicións normais a munxidura practícase dúas veces por día. Munxir unha vez cada día minguaría a producción nun 35% e a reducción de traballo e de custos non compensaría a perda económica.

A práctica de munxir tres veces cada día incrementa a producción total no conxunto da lactación, máis é desaconsellable polo incremento de traballo, gasto de electricidade, deterxente, maquinaria, desinfectantes e reducción do tempo de pastoreo ocasionado polo traslado da vaca ó lugar de munxidura.

 

DESENVOLVEMENTO DA MAMITE


mamite

A causa inmediata da mamite é a infección da ubre con xermes patóxenos, que chegan pola canle do pezón ó tecido glandular onde se multiplican.

 

RISCO DE INFECCIÓN


O risco de infección está determinado por:

  1. Nº de xermes patóxenos.
  2. Frecuencia de contacto do ubre cos microorganismos.
  3. Da patoxenidade do xerme
  4. Da capacidade defensiva específica da ubre do animal.

Non tódalas infeccións producen obrigatoriamente unha inflamación da ubre.

A evolución probable vese a continuación:

Influencias ambientais desfavorables -->

1. Ubre sa

Xermes patóxenos -->

2. Ubre debilitada

influencias ambientais desfavorables -->

3. ubre infectada

4. ubre enferma

transmisión dos xermes

RUTINA DA MUNXIDURA


  1. Ambiente limpo e pouco estresante para as vacas.
    • Ser rutineiro nas horas e na forma de traer os animais á munxidura.
    • Vacas asustadas ou excitadas antes da munxidura poden:

    Altera-la baixada do leite.

    Diminuí-la súa resistencia ás enfermidades.

  2. As mans deben limparse con xabón e auga e secarse.
    • Antes de iniciarse a munxidura.
    • Sempre que se ensucien durante a munxidura.

    Unhas mans limpas e sans minimizan a transmisión de microorganismos causantes da mamite entre animais.

  3. Limpa-las mamilas antes da munxidura.
    • O método común é lavar con auga xabonosa , pero recoméndase mollar únicamente as mamilas, nunca o cuarterón, xa que se se molla toda a ubre é máis difícil o secado previo á colocación da máquina de munxidura.
    • Se está pouco sucia, pódese limpar simplemente cunha toalla de papel para cada vaca.
    • Se se utiliza unha sala con pulverizadores hai que asegurarse de que estes funcionen correctamente e estean axustados.
    • É necesario o emprego dun caldeiro cunha solución limpadora e toallas individuais.
    • As toallas de papel individuais son preferibles ás esponxas ou toalliñas de tea, xa que estas últimas incrementan o risco de transmisión de enfermidades.
    • A eliminación de pelos das ubres reduce a cantidade de suciedade e feces adheridas, que poden contamina-lo leite. As ubres con pelos longos son máis difíciles de limpar e secar.
    • Ubres húmidas e sucias aumentan o risco de:
      • Contaminación bacteriana do leite (BACTERIOLOXÍA)
      • Mamite.

    Estas normas axuda a minimiza-lo risco de novas infeccións, contribúen ó proceso de estimulación da ubre e melloran a calidade do leite munxido.

  1. Secado completo das mamilas.

    Con toalliñas individuais de papel, preferiblemente de tea:

    • unha para cada animal.
    • lavala, desinfectala e secala entre cada munxidura.
  2. Examina-las ubres e o leite para detectar indicios de mamite.

    Exame físico da ubre e extracción dos primeiros chorros de leite de cada unha das mamilas, nunca na man do munxidor, xa que aumenta o risco de transmisión de mamite entre vacas.

    Un despunte correcto fai:

    • Diminuí-lo número de novas infeccións e elimina-los microorganismos da canle da mamila.
    • Controla-las vacas mamíticas.
    • Baixa-la bacterioloxía.
    examen de ubres

  3. Colocación das tetoeiras

    Débense poner entre un minuto ou minuto e medio despois do comezo da preparación da ubre:

    • limpeza da ubre
    • extracción dos primeiros chorros de leite

    A colocación farase con coidado, para reduci-la cantidade de aire que entra dentro do sistema

  4. Revisa-las máquinas de munxidura cando sexa preciso.

    As unidades de munxidura:

    • Estarán aliñadas correctamente para previ-las perdas de baleiro.

    Estas perdas identifícanse por un ruxido característico que indica un perigo de incrementa-la incidencia de mamite.

    • Se as tetoeiras estiveran mal encaixadas poden bloquea-la saida do leite e aumenta-la cantidade deste que queda no interior da ubre despois da munxidura.
  5. Pecha-lo baleiro antes de retira-la unidade de munxidura.
    baleiro

    Ó finaliza-la munxidura, hai que evita-la SOBREMUNXIDURA, que se produce pola actuación das tetoeiras sobre os cuarteróns sen leite.

    ¡O baleiro debe de cortarse antes de retira-las tetoeiras!

    • Unha sobremunxidura (un ou dous minutos)
    • Estira-las tetoeiras co baleiro funcionando

  6. Aplicar un baño de mamilas
    • Xusto despois da retirada das tetoeiras.
    • Debe ser antiséptico e levarse a cabo despois de cada munxidura, e cubrir polo menos o tercio inferior da mamila.

    ACCIÓNS
    Destrúe os microorganismos
    Prevén a colonización da canle da mamila polos xermes
    Elimina posibles infeccións xa existentes na canle da mamila

    Os contenedores do baño de mamilas:

    • Deben manterse limpos e en boas condicións.
    • Nunca debe devolverse o contido dunha botella ó depósito orixinal.
    • Se o desinfectante se enche de palla ou outro tipo de suciedade contaminante, débese de rexeita-lo seu contido, limpa-la botella e enchela de novo con dexinfectante.
  7. A orde das vacas na munxidura axuda a controla-lo contaxio da mamite.
    • 1. As vacas de primeiro parto
    • 2. As adultas cun reconto de células somáticas baixo.
    • 3. As adultas cun reconto de células somáticas alto.
    • 4. Finalmente as que teñan mamite clínica.

    As probabilidades de contaxio reduciranse considerablemente.

  8. Limpeza dos tanques de frio.

    Farase inmediatamente despois da retirada do leite.

    Algúns tanques realizan o proceso automáticamente.

    1. Aclarado inicial:
    2. Retirada dos restos de leite que queden no tanque
    3. Limpeza coa solución alcalino-clorada:
      • Auga quente a 45ºC-50ºC
      • Producto alcalino-clorado
    4. Limpeza coa solución ácida (semanalmente)
      • Auga quente a 45ºC-50ºC
      • Producto ácido.
      • Retirada da pedra do leite. residuos minerais
    5. Aclarado final:
    • Retirada dos restos orgánicos (graxas e proteinas).
    • Desinfección
    • Evacuación dos restos das solucións de limpeza.

Mantemento do equipo de munxidura.

Diariamente: - Face-lo lavado como corresponda e deixa-las tetoeiras secando o aire despois de cada munxidura
- Controla-lo nivel de baleiro da muxidora
- Comproba-la limpeza da unidade final
Semanalmente: - Comproba-la limpeza das tetoeiras
- Controla-lo paso do aire pola entrada de admisión dos colectores e a súa limpeza
Quincenalmente: - Limpa-la admisión do aire:
  • da válvula reguladora do baleiro
  • de aire dos pulsadores
- Controla-lo:
  • nivel de aceite da bomba
  • tensión das correas
Mensualmente: - Limpa-las billas de leite e de baleiro
- Comprobar:
  • estado das tetoeiras
  • drenaxe da conducción de baleiro
Semestralmente: - Limpeza xeral da instalación.
- Controla-lo funcionamento dos pulsadores
Anualmente: - Control mecánico de toda a instalación