Mamite
¿Por qué debe preocuparnos?
Índice
Cadernos
Portada caderno 2 Indice de contidos

 

¿QUE É A MAMITE? ¿POR QUÉ DEBEMOS PREOCUPARNOS ?


Mamite é a enfermidade máis custosa do gando leiteiro.

Supón un 26% do custo total de tódalas enfermidades do gando leiteiro.
As perdas serán maiores se a concentración de células somáticas é alta.

PERDAS POR MAMITE
SUBCLÍNICA: 70-80%
CLÍNICA: 20-30%
cartos voando

PERDAS


  1. Diminución da producción:

    As perdas por producción inícianse con recontos celulares superiores a 200.000 cél/ml. Pódese considerar que por cada 100.000 cél. por riba desta cifra, pérdense aproximadamente 13.26 l/vaca/mes.

    EXEMPLO: Nunha gandería de 50 vacas, a 50 ptas/l de leite, as perdas mensuais serían de:

    RECONTO CELULAR x1000 CEL/ML PERDAS PTAS/MES LITROS LEITE/VACA/MES
    300 33.150 13,26
    400 66.300 26,52
    500 99.400 39,78
    800 198.900 79,56
    1000 265.200 106,8
  2.  

  3. Leite descartado.

    O consumidor demanda un producto de alta calidade cun sabor predecible e unha boa duración. A calidade do producto lácteo final que chega ó consumidor non pode ser mellor que a calidade dos seus ingredientes, no mellor dos casos o procesado pode manter esa calidade.

    A mamite subclínica produce un aumento dos compoñentes indesexables no leite e a diminución dos desexables para producir leite de calidade.

  1. Reposición
  2. Antibióticos
  3. Gastos veterinarios
  4. Traballo
ó matadeiro

 

MAMITE


A mamite segue a ser a enfermidade máis común e custosa que padece o gando vacún no mundo enteiro. Existe onde existan vacas. É difícil de crer que un tercio do rebaño tenga mamite.

 Na figura vese a situación aparente dun rabaño de 20 vacas no que só unha vaca está afectada de mamite clínica. Sen embargo na figura seguinte revela cal é a situación real do rabaño "descubrindo" aquelas outras vacas, aparentemente sas, pero afectadas de mamite subclínica.

rabaño 1 rabaño 2

Incidencia da mamite cando só se consideran os casos clínicos

Incidencia real da mamite no rebaño cando se descubren os casos clínicos e subclínicos

 Ó facer fronte os casos clínicos, moitos gandeiros non están a ver o problema total da granxa, xa que a mamite subclínica e moito máis prevalente e custosa.

 A mamite é o resultado final de varios factores:

 Factores predispoñentes.

Existen diversos factores que condicionan a presentación e persistencia da mamite:

  • Anatómico-herditarios:

    Ubres colgantes, pezóns curtos ou longos de máis, que non se adaptan ben á máquina de muxidura, etc.

  • Alimenticios:

    Contido de proteína elevado na ración, contidos de urea superiores ó 2%, carencia de vitamina A e en xeral cambios bruscos na alimentación.

  • Hixiénico - Ambientais:

    malas condicións hixiénicas, lixo nas camas, etc.

  • Manexo incorrecto:

    Tanto en período de munxidura coma de secado.

TIPOS DE MAMITE


  1. Mamite clínica

    Hai anormalidade na ubre ou no leite. Algunhas veces está acompañada de síntomas xerais.

    ubre
  2. Mamite subclínica
  3. ubre con bichos

    A mamite subclínica é unha verdadeira guerra de tincheiras entre os microorganismos e células. E invisible, pero non un fantasma. As mamites clínicas coñécense ben, xa que se caracterizan pola aparición de alteracións no leite.

    Tamén hai mamites máis insidiosas provocadas por xermes distintos, os seus efectos son invisibles, pero o leite perde as súas características: consérvase peor, ten peor sabor e os rendementos para facer queixo son menores. Isto fainos entender porque as industrias o aceptan mal, porque o leite é un producto que se transforma.

     Non se ven alteracións nin na ubre nin no leite, Detéctanse polo aumento de células somáticas.

    ¿Por qué é importante?

    • É de 15 a 40 veces máis frecuente que a súa manifestación clínica.
    • Normalmente procede dunha clínica.
    • Dura moito
    • É difícil de detectar
    • Reduce a producción de leite.
    • Afecta á calidade do leite

  4. Mamite crónica

    Maniféstase como infeccións intermitentes e son un risco de contaxio para o resto dos animais da corte.

MAMITE: DETECTAR A SÚA PRESENCIA


  1. Mamite clínica.

    1. Exames físicos:

      Fanse cando a ubre está baleira, despois da muxidura, Observar:

      • cuartos endurecidos, quentes e inflamados debido a mamites agudas.
      • cuartos atrofiados, deformes, que indican danos permanentes.
    2. Proba do despunte.

      Examina-los primeiros chorros de leite: detectar leite anormal

      NUNCA DE DEBE FACER NA MAN, isto favorece o traspaso de xermes entre as vacas.

    3. Cultivos microbiolóxicos das mostras de leite.

      Identificación dos microorganismos causantes da infección, importantes para entende-los problemas específicos do rabaño, axuda a identificar as vacas para tratar ou para segregar.

      Débese facer con mostras individuais de cada cuarto.

      IDENTIFICACIÓN. Débese facer cando:

      • Reconto celular alto.
      • Test de California positivo.
      • Reconto celular baixo + mamite clínica.

  2. Mamite subclínica

    1. Proba do test de California (CMT).
    2. Débese facer xusto antes da muxidura, despois de estimula-la vaca coa eliminación dos primeiros chorros.

      Esta proba é un reactivo con material xenético das células somáticas, presentándose no leite en forma xelatinosa. Serve para detectar mamite subclínica, non sinala as vacas a tratar

      test california
    1. Reconto celular. Control leiteiro.
    2. Análise da mostra do tanque
    reconto

 

CONTROL DA MAMITE NA GANDERÍA.

As bacterias que infectan a ubre poden vir do medio ambiente ou de ubres infectadas, polo tanto todo programa de control da mamite ten que evitar ou minimiza-las infeccións.

gandeiro

 

PLAN DE CONTROL


  1. Hixiene durante as 24 horas.
  2. Limpeza das ubres, ben en "seco" ou con auga. Se se molla débese secar con toallas de papel INDIVIDUAIS.

    Despois da muxidura recoméndase utilizar baño de mamilas preferiblemente en vaso para que quede ben impregnada toda a mamila.

    Control dos intervalos entre muxiduras, das camas, da sobrepoboación e mante-los animais o máis limpos posible.

  3. Terapia antibiótica no secado.
  4. Reducir infeccións nas primeiras semanas do secado. O índice de curación e moito maior durante o secado ca durante a lactación.

    Minimiza-la presencia de residuos no leite.

  5. Control polo menos unha vez ó ano da máquina de muxidura.
  6. Detección e tratamento dos casos clínicos.
  7. Sacrificio dos animais crónicos.

 

OBXECTIVOS DUN PROGRAMA DE CONTROL.


vaca OK
  • Reconto celular < 200.000 cél/ml.
  • Sacrificio por mamite < 3% / ano
  • Mortes por mamite < 1% / ano
  • Casos de mamite clínica < 3% / mes

 

COLLEITA DE MOSTRAS DE LEITE


colleita
  1. Tira-los primeiros chorros de leite
  2. Limpar ben as mamilas.
    • Primeiro limpa-las mamilas máis afastadas
    • Despois limpa-las mamilas máis achegadas.
  3. Restregar con alcohol antes de recolle-la mostra.
  4. Recolle-la mostra en tubos de ensaio (estreitos).
    • Primeiro as mamilas máis achegadas.
    • Despois as mamilas máis afastadas.
  5. Mete-las mostras na neveira ata que se leven ó laboratorio.